MENÚ

Multiplica as oportunidades dos consumidores de gañar premios

¡Se rexistras as compras dos teus consumidores, estes conseguirán máis participacións!
1
Rexistra o teu comercio a primeira vez
2
Rexistra as compra feitas polos teus cliente
3
Recorda ó cliente que garde/fotografíe o ticket

Coñece a campaña MERCA E GAÑA POLO NADAL

A campaña "MERCA E GAÑA POLO NADAL" é unha iniciativa da Federación de Asociacións de Comercio da Confederación Provincial de Empresarios de Lugo -en diante Federación de Comercio de Lugo- coa colaboración da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, e as asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos da provincia de Lugo.

A campaña terá lugar entre o 6 de decembro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade da provincia de Lugo que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 10.000 euros en premios, distribuidos en 20 tarxetas prepago regalo de 300 euros e 20 tarxetas de 200 euros, que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais da provincia de Lugo. O sorteo realizarase ante notario o 11 de xaneiro de 2019.

Os teus clientes poden participar de 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrando a súa compra na páxina web www.nadalmercaegana.com
  • Ou coa túa colaboración, comerciante, a través desta mesma páxina web www.nadalmercaegana.com/ comercios, onde, previo rexistro do teu comercio, podes rexistrar directamente a operación de compra dos teus clientes. Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo.

* En tódolos casos, o cliente debe fotografiar e/ou gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación de Comercio de Lugo para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ó respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico nadalmercaegana@comerciogalicia.es.