Federación Galega de Comercio Asociación Comercio Punto Compostela MENÚ

Coñece a campaña MERCA E GAÑA POLO NADAL

A campaña "Merca e Gaña polo Nadal" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio dirixida aos comercios de Santiago de Compostela integrados na Asociación Comercio Punto Compostela CCA/Federación Galega de Comercio.

A campaña tivo lugar entre o 6 de decembro de 2019 e o 6 de xaneiro de de 2020 e nela poideron participar todos os clientes do comercio de proximidade integrado na Asociación Comercio Punto Compostela que merquen nestas datas. Entre eles sorteáronse 3.000 euros en premios, distribuidos en 5 tarxetas prepago regalo de 200 euros e 20 tarxetas de 100 euros, que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos adheridos á Asociación Punto Compostela ata o 30 de xuño do 2020. O sorteo realizuse ante notario o 10 de xaneiro de 2020.

Os teus clientes poideron participar de 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrando a súa compra na páxina web www.nadalmercaegana.com
  • Ou coa túa colaboración, comerciante, a través desta mesma páxina web www.nadalmercaegana.com/comercios, onde, previo rexistro do teu comercio, poideches rexistrar directamente a operación de compra dos teus clientes. Deste xeito, o consumidor obtería unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, o cliente debía fotografiar e/ou gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios foron contactados pola Asociación Comercio Punto Compostela/Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando sería entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicáronse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico nadalmercaegana@comerciogalicia.es.